Cronobacter

Cronobacter é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, oxidase-negativas, catalase-positivas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae, que poden causar diversas doenzas infecciosas (bacteremias) en humanos. En xeral son mótiles, reducen o nitrato, usan citrato, hidrolizan esculina e arxinina, e son positivas para descarboxilación da L-ornitina. Producen ácido a partir da D-glicosa, D-sacarosa, D-rafinosa, D-melibiosa, D-celobiosa, D-manitol, D-manosa, L-ramnosa, L-arabinosa, D-trehalosa, galacturonato e D-maltosa. As Cronobacter spp. son xeralmente positivas para a produción de acetoína (proba de Voges–Proskauer) e negativas para a proba do vermello de metilo, que detecta 2,3-butanodiol en vez dunha fermentación ácida mixta.

A especie tipo do xénero é Cronobacter sakazakii comb. nov. Secuenciouse e anotouse o xenoma dunha cepa de Cronobacter sakazakii (BAA-894).[3] De acordo cunha análise de secuencia multilocus (MLSA) o xénero orixinouse hai ~40 millóns de anos, e a especie máis importante clinicamente, C. sakazakii, estaba individualizada hai uns ~15-23 millóns de anos. .[4]

  1. Iversen, C; et al. (2008). "Cronobacter gen. nov., a new genus to accommodate the biogroups of Enterobacter sakazakii, and proposal of Cronobacter sakazakii gen. nov. comb. nov., C. malonaticus sp. nov., C. turicensis sp. nov., C. muytjensii sp. nov., C. dublinensis sp. nov., Cronobacter genomospecies 1, and of three subspecies, C. dublinensis sp. nov. subsp. dublinensis subsp. nov., C. dublinensis sp. nov. subsp. lausannensis subsp. nov., and C. dublinensis sp. nov. subsp. lactaridi subsp. nov.". IJSEM 58 (6): 1442–1447. PMID 18523192. doi:10.1099/ijs.0.65577-0. 
  2. Joseph, S; et al. (2011). "Cronobacter condimenti sp. nov., isolated from spiced meat and Cronobacter universalis sp. nov., a novel species designation for Cronobacter sp. genomospecies 1, recovered from a leg infection, water, and food ingredients". IJSEM. doi:10.1099/ijs.0.032292-0. 
  3. Kucerova, E; et al. (2010). "Genome sequence of Cronobacter sakazakii BAA-894 and comparative genomic hybridization analysis with other Cronobacter species". PLoS ONE 5 (3): e9556. doi:10.1371/journal.pone.0009556. 
  4. Joseph, E; et al. (2012). "Diversity of the Cronobacter genus as revealed by multi locus sequence typing". J Clin Microbiol 50 (9): 3031–3039. doi:10.1128/JCM.00905-12. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search